Yo La Tengo

Printer-friendly versionSend to friendPDF versionFacebookTwitter
A 1 usuario gústalle isto
Mar, 16/03/2010

Sala Capitol, Santiago

Localización

Sala Capitol42° 52' 37.038" N, 8° 32' 36.834" W

Yo La Tengo é unha das bandas americanas de indie rock máis representativas e influíntes do noso tempo.

Ira Kaplan e Georgia Hubley, un dúo de marido e muller, formaron a banda no ano 1984. A formación pasou por varias aliñacións ata establecerse co guitarrista Dave Schramm e co baixista Mike Lewis, cos que lanzaron a súa primeira gravación The River of  Water. En 1986 lanzan o seu primeiro LP, chamado Ride the Tiger, e cimentan a súa reputación co New Wave Hot Dogs de 1987.

Con novos cambios de formación, os seguintes lanzamentos (Painful no 1993, Electr-O-Pura no 1995 e I Can Hear the Heart Beating as One no 1997) marcaron un progreso sostido na banda, conseguindo un estilo persoal e versátil que inclúe algúns elementos del folk, punk rock, shoegazing pop, longas pasaxes instrumentais de orientación noise, e algunhas aproximacións á electrónica.

Painful foi tamén o inicio dunha fructífera relación co produtor Roger Moutenot, quen ten producido todos os álbumes de Yo la Tengo dende aquela: And Then Nothing Turned Itself Inside Out no 2000, Summer Sun no 2003, e I Am Not Afraid of You, and I Will Beat Your Ass no 2006.

Durante estes anos Yo la Tengo consolídase como banda de culto, e grazas ás constantes xiras e ao incondicional apoio da crítica, teñen chegado a ser a máis salientable banda americana de indie rock.

Javascript is required to view this map.

Máis en Ciclo Xacobeo Importa

EventosDataHoraLugar de celebración
 Mudhoney + Young Fresh Fellows
27/09/2010
Sala Capitol, Santiago
 Interpol
01/10/2010
21:30Sala Capitol, Santiago
 Alice Cooper
27/11/2010
Multiusos do Sar, Santiago
 Vetiver (+ Fruit Bats)
02/12/2009
Pazo da Cultura, Pontevedra
 Richard Hawley
14/02/2010
Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
 Joan Baez
05/03/2010
Centro Cultural Caixanova, Vigo
 Yo La Tengo
16/03/2010
Sala Capitol, Santiago
 Raekwon
14/05/2010
22:00Sala Capitol, Santiago
 Mark Lanegan
18/05/2010
Sala Capitol, Santiago
 Rufus Wainwright
30/06/2010
22:00Centro Cultural Caixanova, Vigo

Comentarios

Enviar un comentario

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que aparecen na imaxe