
Os cocidos dos camiños Xacobeos
Pazo de Bendoiro, Lalín
Localización
Xacobeo 2010 xunto co Concello de Lalín ten elaborado unha interesante proposta gastronómica co obxectivo de dar a coñecer algúns dos cocidos que se elaboran nas distintas localidades polas que pasan as rutas dos camiños a Santiago; situando Lalín e o seu cocido como o centro dunha peregrinaxe gastronómica.
“Os cocidos dos camiños Xacobeos” propón para cada un dos fins de semana do mes de marzo un orixinal pecorrido por outras tantas localidades do camiño a través da súa riqueza culinaria. De venres a domingo ábrese unha degustación para o público en xeral, facendo do sábado o día central de cada cocido, onde un cociñeiro especializado, procedente do lugar de orixe de cada plato, elabora a súa especialidade cos produtos orixinais: plato principal, queixos e sobremesas típicos.























Comentarios
marujita Ven, 12/03/2010 - 10:23
¿alguén me recomenda un cocido dos catro?
Enviar un comentario