Mudhoney + Young Fresh Fellows

Printer-friendly versionSend to friendPDF versionFacebookTwitter
A 0 usuarios gústalles isto
Lun, 27/09/2010 - 21:00

Sala Capitol, Santiago

Localización

Sala Capitol, Santiago42° 52' 37.038" N, 8° 32' 36.834" W

Os pais do grunge veñen a Santiago de Compostela. E non o fan sos. Dende Seattle chegan acompañados por outro grupo lendario daquela cidade que foi capital mundial da música underground a finais dos 80 e primeiros 90, os Young Fresh Fellows.

Mudhoney é un grupo chave na eclosión do grunge. Foi o primeiro grande éxito do xa mítico selo Sub Pop e, junto cos Melvins, os seus membros son considerados pais deste movemento que renovou a escena rock mundial dende a cidade de Seattle, onde xurdiron bandas icona coma Nirvana, Alice in Chains, Soundgarden ou Pearl Jam, grupo que comparte con Mudhoney as mesmas raíces na formación Green River. Moitos deron por finalizada a historia deste movemento coa morte de Kurt Cobain, o 5 de abril do 1994. Pero grupos coma Mudhoney mantéñeno vixente logo de 22 anos de carreira e dez discos de mesturas de garage-rock, punk e hard-rock setenteiro, aderezado con algo de psicodelia.

Pero antes de ver sobre o escenario a esta institución do grunge, teremos ante nós outro grupo de lenda do noroeste dos Estados Unidos, os Young Fresh Fellows, do que din que é o grupo máis tolo de Seattle. Despois de oito anos de silencio, esta banda de rock alternativo xurdida no 1981 regresou o ano pasado con “I don't think this is...”, xusto 25 anos despois da publicación do seu primeiro disco, “The Fabulous Sounds of the Pacific Northwest”. Son tres décadas, quince discos, moitas colaboracións con grupos coma REM e algúns altibaixos para unha banda que tocou todos os paus do rock & roll. E atención, porque din deles que son o grupo máis tolo de Seattle.

De noroeste a noroeste, de Seattle a Compostela, por primeira vez en Galicia, Mudhoney e os Young Fresh Fellows, unha ocasión única para ver en directo un anaquiño da historia do rock.

Javascript is required to view this map.

Máis en Ciclo Xacobeo Importa

EventosDataHoraLugar de celebración
 Mudhoney + Young Fresh Fellows
27/09/2010
21:00Sala Capitol, Santiago
 Interpol
01/10/2010
21:30Sala Capitol, Santiago
 Alice Cooper
27/11/2010
Multiusos do Sar, Santiago
 Vetiver (+ Fruit Bats)
02/12/2009
Pazo da Cultura, Pontevedra
 Richard Hawley
14/02/2010
Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
 Joan Baez
05/03/2010
Centro Cultural Caixanova, Vigo
 Yo La Tengo
16/03/2010
Sala Capitol, Santiago
 Raekwon
14/05/2010
22:00Sala Capitol, Santiago
 Mark Lanegan
18/05/2010
Sala Capitol, Santiago
 Rufus Wainwright
30/06/2010
22:00Centro Cultural Caixanova, Vigo

Comentarios

Enviar un comentario

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que aparecen na imaxe