
A compañía multidisciplinar israelí presenta o seu último espectáculo “Momentum” en Vigo e A Coruña no mes de Marzo. Mayumana desenvolveu unha linguaxe única, internacional, baseada no talento persoal, no ritmo, no visual e por encima de todo, na creatividade.
Desde a estrea do seu primeiro espectáculo en 1998, máis de 4,3 millóns de persoas gozaron cun show de Mayumana nalgún lugar do mundo. Até a data, a compañía actuou en máis de 30 países ao redor do mundo.
Desde a súa primeira visita a España en abril de 2001, Mayumana converteuse nun dos espectáculos de maior éxito no noso país. Estivo de xira por máis de 20 cidades españolas, que colgaron o cartel de "esgotadas as localidades" sumando a cifra de máis de 1.000.000 espectadores.
Mayumana é un grupo de danza e percusión fundado por Eylon Nuphar, Boaz Berman e o produtor Roy Oferen en 1997 en Tel-Aviv. Aínda que o grupo é de orixe israelí, está formado por compoñentes de varias nacionalidades.
Os seus espectáculos reúnen teatro, danza e percusión, con coreografías enérxicas e de gran vitalidade. A percusión adoita executarse sobre obxectos pintorescos como colectores de lixo e outros obxectos reciclados.
- Inicia sesión o regístrate para enviar comentarios



















Comentarios
marujita Mar, 09/03/2010 - 10:18
Vémonos na Coruña