Mark Knopfler

Printer-friendly versionSend to friendPDF versionFacebookTwitter
A 0 usuarios gústalles isto
Mér, 28/07/2010 - 22:00

Multiusos do Sar, Santiago

Localización

Multiusos do Sar, Santiago42° 52' 34.6584" N, 8° 31' 50.5632" W

O guitarrista escocés viaxa a Santiago para presentar o seu novo álbum Get Lucky, no Multiusos Fontes do Sar.

Líder dunha das bandas máis populares da historia musical británica, Dire Straits, con máis de 100 millóns de discos vendidos ás súas costas, Mark Knopfler ten colaborado con artistas da talla de Sting, Eric Clapton, Bob Dylan ou Tina Turner. Logo da disolución de Dire Straits, comeza unha etapa en solitario onde mestura diversos estilos musicais como o blues, o rock e o folk, e publica en solitario "Golden Heart", "Wag the dog" e "Sailing to Philadelphia", contando neste último con colaboracións de Van Morrison e James Taylor. En 2007 publica "Kill to get crimson" no que volve colaborar con outros 3 membros de Dire Straits.

A revista Rolling Stones situouno no posto número 27 dentro da lista dos 100 mellores guitarristas de todos os tempos. Acabados de cumprir os sesenta anos, Mark Knopfler celébrao regalándose "Get Lucky", o seu sexto álbum de estudo en solitario, e que o propio Knopfler define como "o mapa de toda uhna vida, unha volta cara á infancia".

A nostalxia de tempos pasados sobrevoa o novo traballo discográfico de Knopfler, que retoma o seu particular estilo, mestura de blues, rock e folk, para asinar un puño de composicións con profundo sabor da "América profunda".

Javascript is required to view this map.

Comentarios

Enviar un comentario

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que aparecen na imaxe