María do Ceo: Gira "Paixoliñas"

Printer-friendly versionSend to friendPDF versionFacebookTwitter
A 0 usuarios gústalles isto

Xacobeo presenta a xira “Paixoliñas” da cantante María Do Ceo, unha serie de catro concertos moi especiais que teñen lugar en diferentes igrexas do Camiño.

María do Ceo é fado en estado puro, actualmente está considerada unha fadista tradicional, e para moitos é a sucesora de Amalia Rodrigues, tanto no estilo, como na interpretación. Unindo as súas múltiples influencias ao sentir portugués e á dozura natural do idioma galego, dotada de cualidades vocais excepcionais, envolve de inmediato ao público nun ambiente máxico coa musicalidade arrepiante que lle nace daalma.

Traxectoria artística

  • 1996, Festival intercéltico de Loriant
  • 1997, Frankfurter xira de concertos
  • 1998, En Santiago de Compostela canta para o Nóbel José Saramago 
  • 2000, Homenaxe a Amalia Rodrigues no Coliseum de Lisboa
  • 2001, Homenaxe a Carlos Cano no Teatro Falla, en Cádiz
  • 2001, Xira en Italia: Nuoro e Sassari
  • 2004, Grava coa Real Banda un CD de Romances obsequio para os Príncipes de Asturias
  • 2004, Participa na gravación dun CD para a fundación PAIDEIA "ese niño diferente"
  • 2004, Participa nun concierto contra a violencia de xénero en Arxelia
  • 2004, Participa na entrega de premios Galegos do Ano no Auditorio de Galicia
  • 2004, Viaxa a Roma para cantar a Ave María de Franz Shubert á súa SS. o Papa Xoán Paulo II, coa Real Banda de Gaitas de Ourense

No ano 2000 foi nomeada en Lisboa membro da Enxebre Orde da Vieira pola difusión da cultura galega. No 2004, en Santiago, a mesma orde lle entrega o Premio Vieira de Prata á calidade artística. Ese mesmo ano o periódico El Correo Gallego faille entrega do recoñecemento á Mellor Traxectoria Artística no Auditorio de Galicia.

Javascript is required to view this map.

Programación

EventosDataHoraLugar de celebración
 María do Ceo: Xira “Paixoliñas” - A Fonsagrada
19/12/2009
20:30Igrexa de Santa María, A Fonsagrada
 María do Ceo: Xira “Paixoliñas” - Carral
26/12/2009
20:00Parroquial de Carral
 María do Ceo: Xira “Paixoliñas” - Allariz
27/12/2009
19:00Igrexa de Santiago, Allariz
 María do Ceo: Xira “Paixoliñas” - Redondela
03/01/2010
19:00Igrexa de Santiago, Redondela

Comentarios

Enviar un comentario

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que aparecen na imaxe