
Manuel Carrasco "Inercia"
Centro Cultural Caixanova, Vigo
Localización
Compositor e intérprete andaluz, ten sabido gañar o respecto de todos co seu xeito de facer música: Pop con toques andaluces, letras con sentimentos profundos e historias moi íntimas.
Continúa presentando o seu cuarto disco “Inercia” (Disco de Ouro), producido polo multipremiado produtor Cachorro López (Julieta Venegas, Andrés Calamaro, Diego Torres, Paulina Rubio…), e no que inclúe unha versión a dúo con Malú do tema “Que Nadie”, nº 1 absoluto de descargas de cancións segundo a lista oficial elaborada por Media Control Gfk para Promusicae.
Formación: Jordi Cristau, dtor. musical y teclados; Manuel Álvarez Montaño, guitarra; José Manuel Posada, baixo; David Bao, batería; Jose Luis Arrazola, guitarra.























Comentarios
Enviar un comentario