LCD Soundsystem

Printer-friendly versionSend to friendPDF versionFacebookTwitter
A 0 usuarios gústalles isto
Xov, 17/06/2010

EXPOCoruña

Localización

43° 20' 22.3332" N, 8° 24' 39.2112" W

Avance de programaciónDisco-punk neoiorquino

LCD Soundsystem aportarán o seu exquisito son disco-punk ao escenario principal de Sónar de Noite, tanto na Coruña como en Barcelona.

A banda de Nova York liderada polo carismático James Murphy, quen ten previsto editar o seu terceiro álbum durante o primeiro semestre do 2010, está actualmente concentrados nun estudo de Los Ángeles na delicada gravación do disco que tomará o relevo a “Sound of Silver” (DFA, 2007), un dos traballos esenciais para comprender fenómenos musicais recentes como a reactivación da música disco mutante e o post-punk dos 80, o diálogo en plano de igualdade entre bandas de rock e DJs, e o renovado reinado de Nova York como motor da modernidade, integrando nun mesmo discurso referencias a Joy Division, Kraftwerk, Brian Eno, Larry Levan, o krautrock ou Suicide.

Unha versión de “Bye bye Bajou” de Alan Vega, vocalista de Suicide, é precisamente o último material que ten publicado polo de agora James Murphy nun vinilo exclusivo e limitado que ten que funcionar como anticipo do álbum completo.

Javascript is required to view this map.

Máis en Festival Sónar Galicia

EventosDataHoraLugar de celebración
 LCD Soundsystem
17/06/2010
EXPOCoruña
 Air
19/06/2010
EXPOCoruña

Comentarios

Enviar un comentario

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que aparecen na imaxe