Festival Via Stellae

Printer-friendly versionSend to friendPDF versionFacebookTwitter
A 0 usuarios gústalles isto
Lun, 05/07/2010 - Mér, 28/07/2010

Promovido pola Consellería de Cultura e Turismo xunto con Xacobeo, o  Festival Via Stellae chega á su quinta edición, cun novo cartel enormemente atractivo, no que destaca a gran calidade dos seus intérpretes, polo que algúns  medios cualifican este aínda novo festival como unha referencia a nivel nacional e mesmo europeo.

O epicentro do festival é Santiago de Compostela como meta do camiño, pero Via Stellae tamén leva a súa actividade a poboacións galegas situadas nas 8 rutas de peregrinación que conducen cara a Compostela. O Camiño de Santiago, vía centenaria de diálogo e intercambio cultural, constitúe o contorno privilexiado para máis de 100 concertos, que se converten en puntos de encontro para artistas de primeirísimo nivel internacional cos músicos galegos.

Os escenarios destes concertos son unha combinación de espazos como auditorios, teatros e casas da cultura, xunto con edificios singulares como igrexas, mosteiros e recintos de alto valor arquitectónico do Camino de Santiago, contribuíndo á difusión do seu patrimonio.

Ademais dos grandes concertos de figuras internacionais, o Festival Via Stellae presenta ciclos e iniciativas que outorgan unha gran variedade á súa programación, como os “Concertos Express” (breves sesións de 30 minutos de música en claustros de Compostela), “Música e Arte” (tardes de domingo con concertos e visitas guiadas a espazos singulares),  “Via Stellae 20/21” (un ciclo no que a música contemporánea, os clásicos do século XX, as vangardas e os creadores galegos actuais son os protagonistas) e o  “OFF Stellae” (unha alternativa de programación máis aberta, en contidos musicais, en visións artísticas, en espazos para a celebración dos concertos...).

A maxia da música e a arte únense en Via Stellae. Cos ouvidos e ollos ben abertos: o festival ofrecerá no mes de xullo enriquecedoras experiencias culturais, musicais, artísticas e, sobre todo, oportunidades de escoitar moita

  • RUTA DO MAR DE AROUSA - RÍO ULLA: Ribeira - A Pobra do Caramiñal - Boiro - Rianxo - O Grove - Cambados - A Illa de Arousa - Vilagarcía de Arousa - Padrón
  • CAMIÑO DE FISTERRA - MUXÍA: Fisterra - Cee - Muxía
  • CAMIÑO FRANCÉS: Palas de Rei - Melide – Arzúa - Sarria
  • CAMIÑO INGLÉS: Ferrol - Pontedeume - A Coruña - Culleredo - Betanzos - Cambre
  • CAMIÑO NORTE: Vilalba - Guitiriz - Sobrado dos Monxes – Mondoñedo – Ribadeo
  • CAMIÑO PORTUGUÉS: Tui - Porriño - Redondela - Pontevedra - Caldas de Reis - Padrón - Ames
  • CAMIÑO PRIMITIVO: Lugo
  • VÍA DA PRATA: Verín - Allariz - Ourense - Lalín - Silleda

 

* O concerto do día 7 de xullo en Bonaval comezará 15 minutos despois do remate do partido España- Alemaña

AdxuntoTamaño
Planning Programación [pdf]40.37 KB

Comentarios

Enviar un comentario

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que aparecen na imaxe