Concurso-Exposición da Camelia

Printer-friendly versionSend to friendPDF versionFacebookTwitter
A 0 usuarios gústalles isto
Mar, 16/03/2010 - Ven, 19/03/2010

CEIP, Campolongo

Localización

CEIP, Campolongo42° 25' 41.8044" N, 8° 38' 45.4992" W

A camelia é a flor representativa das Rías Baixas galegas, á que se lle rende tributo cada ano no Concurso- Exposición da Camelia organizado polo CEIP de Campolongo, que o 16 de marzo alcanza a súa VIII edición. Este certame está aberto á participación de todos os membros da comunidade educativa de Campolongo, a calquera expositor que desexe participar e, por suposto, a todas as persoas que queiran achegarse.

Entre os asiduos participantes neste encontro non faltan nunca representantes da Asociación Española da Camelia nin as conferencias ó redor desta flor. O Concurso- Exposición de Campolongo foi colleitando éxitos ano tras ano, cun grande poder de convocatoria e repercusión social.

A historia deste certame remóntase ao curso académico 2002-2003, cando, con motivo do 30 aniversario do centro escolar se programou un amplo abano de actividades con carácter lúdico- didáctico, entre as que se atopaba un, por entón, insólito Concurso- Exposición sobre a Camelia. Aquela novidosa actividade tivo un extraordinario éxito, polo que o Claustro de profesores e o  Consello escolar do centro decidiron aprobar a continuidade da mesma. Por este motivo, o Xacobeo 2010 decidiu axudar a potenciar este certame.

Como cada ano, nenos e veteranos afeccionados son os protagonistas activos desta singular experiencia pedagóxica ó redor da flor de flores das Rías Baixas.

Javascript is required to view this map.

Comentarios

Enviar un comentario

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que aparecen na imaxe