
Ciclo Xacobeo Importa
XACOBEO IMPORTA é unha iniciativa de Xacobeo 2010 e o Ciclo Importa que ten como obxectivo achegar a artistas internacionais de referencia ao público galego.
Unha programación regular, que engloba a grupos e artistas do circuíto independente , que nunca visitaron Galicia, ou que pola súa traxectoria, estilo ou relevancia, merecen ser presentados ao público galego en actuacións únicas e formatos especiais.
O CICLO XACOBEO IMPORTA ofrece unha alternativa a eventos musicais de carácter masivo, cunha variedade de formatos (auditorios, teatros e salas), para gozar da música en óptimas condicións, apostando por unha posta en escena coidada e especial.
Aínda que mantendo como centro da actividade a Santiago de Compostela, este ano o Ciclo avoga pola deslocalización e ”fai o camiño” por outras cidades como Vigo, A Coruña ou Pontevedra.
A programación do CICLO XACOBEO IMPORTA aposta pola diversidade de estilos musicais, incorporando artistas próximos ao pop, á música folk, o rock máis adulto ou á fusión de músicas do mundo, dos mozos estadounidenses Vetiver a figuras consagradas como Joan Baez, ou ao crooner do século XXI, Richard Hawley.
Programación
| Eventos | Data | Hora | Lugar de celebración | |
|---|---|---|---|---|
| Mudhoney + Young Fresh Fellows | 27/09/2010 | Sala Capitol, Santiago | ||
| Interpol | 01/10/2010 | 21:30 | Sala Capitol, Santiago | |
| Alice Cooper | 27/11/2010 | Multiusos do Sar, Santiago | ||
| Vetiver (+ Fruit Bats) | 02/12/2009 | Pazo da Cultura, Pontevedra | ||
| Richard Hawley | 14/02/2010 | Teatro Rosalía de Castro, A Coruña | ||
| Joan Baez | 05/03/2010 | Centro Cultural Caixanova, Vigo | ||
| Yo La Tengo | 16/03/2010 | Sala Capitol, Santiago | ||
| Raekwon | 14/05/2010 | 22:00 | Sala Capitol, Santiago | |
| Mark Lanegan | 18/05/2010 | Sala Capitol, Santiago | ||
| Rufus Wainwright | 30/06/2010 | 22:00 | Centro Cultural Caixanova, Vigo |




























Comentarios
Enviar un comentario