
Air
EXPOCoruña
Localización
Savoir-faire atmosférico
Air presentan en Sónar 2010 o seu extenso repertorio de éxitos e o seu flamante novo álbum “Love 2” (Virgin, 2009), un disco que prosigue a liña marcada polo dúo francés no seu xa clásico “Moon Safari” (1998): a fusión do pop proto-futurista dos anos sesenta e setenta con elementos diversos extraídos da psicodelia, a música lounge e as bandas sonoras de películas europeas underground.
“Love 2” é a continuación lóxica dos anteriores “Talkie walkie” (2004) e “Pocket symphony” (2007), colecciones de miniaturas synth-pop de elaboración coidadosa, delicadas, e cun elemento melódico envolvente que ten seducido ao longo dos anos a un público heteroxéneo. Coa gran novidade de que este é o primeiro álbum no que os parisienses Jean-Benoît Dunckel e Nicolas Godin non teñen contado con ningunha colaboración externa –vocalistas, pianistas, lendas da música electrónica francesa, etc.– sendo, por tanto, unha obra completamente auto-producida e o máis persoal que teñen gravado ata hoxe.
Máis en Festival Sónar Galicia
| Eventos | Data | Hora | Lugar de celebración | |
|---|---|---|---|---|
| LCD Soundsystem | 17/06/2010 | EXPOCoruña | ||
| Air | 19/06/2010 | EXPOCoruña |























Comentarios
Enviar un comentario