
Camiño da música
A música en Xacobeo abrangue todo tipo de estilos e formatos, dende grandes festivais de creación propia, como Xacobeo Classics e Via Stellae, que durante todo o ano traerán a Galicia os grandes nomes da música clásica, ou como Xacobeo Raíces, que reunirá os referentes do folk galego.
Diversidade de xéneros e formatos, que se plasman tamén na colaboración con ciclos con carácter propio como Xacobeo Importa.
Xacobeo 2010 apoia a industria musical local. Nesta liña nace o proxecto Galicia ao Vivo, que reúne 11 festivais de música de Galicia, apoiando a súa proxección e promoción fóra de Galicia.
A música máis actual contará cunha edición exclusiva dos mellores festivais de España que realizarán unha versión propia para Galicia, como é o caso de Sónar Galicia, MTV ou 40 Principales, sen esquecer os grandes concertos, con artistas da importancia de Mark Knopfler.



































































